*********

11 DE NOVEMBRO

DÍA DE SAN MARTIÑO

*********

 

"A TODO PORQUIÑO LLE CHEGA O SEU SAN MARTIÑO"

"POLO SAN MARTIÑO MATA O PORQUIÑO"

 

É unha das nosas tradicións condenada a extinguirse. Despois de convivir pouco máis dun ano como un máis da familia e ser cebado con patacas, berzas, cabazas, lavaduras e calquera outra cousa que se tivera á man, a mediados do mes de novembro, polo San Martiño, o porco criado na casa, alcanzaba co sacrificio o seu destino fatal de servir de sustento aos seus criadores. Deitábase o porco no banco e toda a familia poñíase en movemento, e mentras unha muller recollía o sangue removéndoo para que non callara, outras xa pelaban e picaban allo e cebola para a zorza e o guiso de chanfaina. Coma tódolos traballos que precisaban de moita xente, como a malla,  a recolleita das patacas ou a vendima, a matanza do porco tiña moito de festa. e polo tanto tamén, moito de exceso. Sobre todo se había viño na casa, xa que o outro dito máis popular desta época do ano é

"POLO SAN MARTIÑO ABALDOA O TEU VIÑO"

As fotografías, que xa contan con algúns anos, corresponden a un "porco da casa", criado na parroquia de Fisteus, naqueles tempos nos que as cacholas, non se mercaban no Corte Inglés ou no Carrefour.