|
Estacións do ano
celta
O ano celta estaba organizado arredor de catro festas principais.
As festas repartíanse tendo en conta a súa natureza e
significado orixinal: dúas delas estarían asociadas á apertura e
peche das estacións:
Samain, 1 de novembro, comezo do inverno, a estación
sombría
Beltain, 1 de maio, o comezo do verán
Había outra celebración central, de equilibrio:
Lugnasad, 1 de agosto, coincidindo coa recollida dos
froitos
E unha última festa arcaica, que podería relacionarse co
cumprimento dunha cerimonia obrigatoria:
Imbolc, 1 de febreiro, cristianizada posteriormente.
|
O samain
A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente
descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta
data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse
as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a
posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
A festa do samain, a máis importante do período precristián,
marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data
prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con
esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as
casas.
Polo samain era costume
baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para
porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición
–que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de
Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos
os irlandeses no século XIX e comezos do XX. |