CURTIS EN EUROPA

      Xoves de Curtis e Betanzos, participaron  en Oporto (Portugal), nun intercambio xuvenil financiado pola Unión Europea, dentro do seu programa "A Xuventude con Europa" a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade da Xunta de Galicia. Trátase dun programa da Comisión Europea, dirixido nun principio ós xoves entre 18 e 25 anos, que  busca potenciar a solidaridade entre a mocidade, comparti-las súas experinecias, explora-las súas semellanzas,  consegui-la súa implicación na construcción de Europa, e fomentar a súa iniciativa.

     Ademáis dos xoves galegos e portugueses, neste intercambio participaron xoves de Estonia, Francia, Grecia e Italia, e non se descarta que outros grupos de xoves de Curtis participen, en próximas datas, noutros intercambios deste programa.