Tal e
como estaba previsto, o pasado domingo 11 de febreiro de 2007,
festividade da Virxe de Lourdes, a Agrupación Coral de Curtis
baixo a dirección de Xosé Casal, ofreceu o seu primeiro concerto
no marco da Igrexa Parroquial, como colofón dos actos relixiosos
realizados na honra da patrona da nosa localidade.
O programa do
concerto basouse principalmente en pezas tradicionais da música
galega, e realizouse ante unha sala ateigada de persoas que
disfrutaron do espléndido nivel musical acadado por esta
agrupación de recente creación.
A Agrupación Coral
de Curtis, comezou os ensaios o 22 de decembro de 2005, hai
ahora pouco máis dun ano, sempre baixo un riguroso e esixente
proxecto musical. Reúne a un grupo de persoas con inquedanzas
musicais cada vez máis numeroso, e segundo recordou o seu
director nas verbas de presentación do concerto, é un grupo
aberto ó que poden incorporarse, todos os apaixoados pola música
e o canto coral da nosa terra.