O pasado venres, 30 de xullo
falláronse os premios do I CERTAME DE NARRACIÓN CURTA “CONCELLO DE
CURTIS”. O xurado estivo formado por Concha Blanco Blanco, escritora
de literatura infantil en galego; Manuel Rico Verea, normalizador
lingüístico; Carme López Tabeada, mestra de instituto e Andrés Mariño
Sanmartín, gran coñecedor da historia de Curtis e escritor.
Os premios concedidos foron:
1º
Premio “Unha xornada convencional” de Xoán Xosé García de
Ferrol (300 euros)
2º
Premio “Terceira e última” de Raquel Boo Anderson de
Curtis(120 euros)
3º
Premio “Carta de autodefensa do demo” de Fernando González
Graña de Cuntis Pontevedra) (60 euros)
Accésit: “Ronsel” de Olga Romasanta Iglesias de
Ordes(lote de libros)
“A pontella de Portocastro” de Vicente Javier García Gómez de Cambre
(lote de libros)
“Suicidas” de Luz Pérez Pernas de Santiago de Compostela (lote de
libros)
A este acto asistiron mais de cincoenta persoas entre as que podemos
destacar membros de distintas asociacións culturais do Concello;
familiares e participantes no certame e, distintas autoridades locais
como o Alcalde, Concelleira de Cultura e o Concelleiro de Xuventude.
O xurado valorou moi
positivamente as dezanove narracións presentadas tanto pola súa
calidade narrativa, polo bó uso do galego, polos temas nos que se
basaban os relatos e, resaltaron o difícil que fora escoller estos
seis premiados xa que para eles todos eran merecedores de premios.
A Concelleira de Cultura Ana Isabel Mahía López deixou clara a súa
intención de volver a convocar o segundo Certame para o ano que ven e
contemplou a posibilidade de publicar todos estos relatos por parte do
Concello.
Dende Xuvecurtis damos a nosa mais sincera enhoraboa a tódolos
participantes neste Certame, ó Concello e ó persoal encargado da súa
organización, sendo a nosa felicitación mais especial para os
participantes do noso Concello, que coa súa participación neste
Certame quixeron facernos o agasallo de compartir con nós a súa
creación literaria.
A todos eles moitas felicidades, e
moitas gracias:
Raquel Boo Anderson, "Terceira e Última"
Fernando D. Cabanas López, " A Cacería do Fugas"
Inmaculada García Fernández, "Camposanto de Liberdades"
Patricia Martínez Vilariño, "Somnium"
Laura Mahia López, "Daniela"·
|
GALERÍA DE
FOTOS DA ENTREGA DE PREMIOS
Pincha en
las imágenes para ver la galería
|
|
A ENTREGA DE
PREMIOS NA PRENSA
|