Bases:
1ª.- Pode participar calquera persoa
interesada no tema.
2ª.- A escrita será a galega e o tema libre.
3ª.- Os traballos ocuparán unha extensión
mínima de dúas páxinas e máxima de oito,
formato A4.
4ª.- Si se presentan traballos de rapaces/as
de idades comprendidas entre 6 e 14 anos
poden elaboralos de forma manuscrita.
5ª.- O autor/a debe asinar o seu traballo
cun lema ou pseudónimo e achegar nun sobre
pechado os seguintes datos: nome e apelidos,
DNI ou equivalente, enderezo e teléfono.
No exterior do sobre indicarase o título do
traballo e o lema ou pseudónimo.
6ª.- Poden entregarse en Dependencias
Municipais ou na Oficina Municipal de Curtis
antes do 15 de setembro de 2005.
7ª.- Os traballos deben de ser inéditos e os
premiados pasarán a ser propiedade do
Concello de Curtis, que se reserva o dereito
de publicación a través dos medios que
considere oportunos e sen afán de lucro.
8ª.- Premios:
1º.- Premio 300 euros
2º.- Premio 120 euros
3º.- Premio 120 euros
4º.- Premio 60 euros
Ó
terceiro premio poderán optar soamente
aqueles autores/as que presenten un traballo
cunha temática específica do Concello de
Curtis.
9ª.- No caso de non existir ningún traballo
ou nº suficientes para que o xurado delibere
ou considere oportuno non premialos, o
premio quedará deserto.
10ª.- A entrega dos premios realizarase en
outubro (o día, a hora e o lugar
determinarase posteriormente).