Xabi Bermúdez, gañador do II Certame de Narración Curta

Como estaba previsto, o venres día 28 de outubro, tivo lugar na Casa da Xuventude de Curtis, o fallo do xurado e a entrega de premios, da Segunda Edición do Certame de Narración Curta

Xabier Berrmúdez resoltou gañador nesta edición do Certame, polo seu relato "O Tesouro".

O segundo e cuarto premios, quedaron desertos, ó no presentarse a recollelos o autor dos relatos que resultaron gañadores, exixencia que segundo os organizadores foi comunicada ós participantes.

O terceiro premio, ó que segundo as bases podían optar soamente aqueles autores/as que presentaran unha temática específica do Concello de Curtis, recaeu no relato "O que se ve dende o andén" de Raquel Boo Anderson, quen tamén resultara premiada na Primeira Edición do Certame.

Cristina Sáez Cazallas, Alberte Momán Noval, e o propio Xabier Bermúdez, tamén resultaron merecedores de sendos accesits a xuicio dos membros do xurado.

Dende xuvecurtis a nosa felicitación a tódolos participantes, e gañadores.

 

Xabi Bermúdez e Raquel Boo, acompañados das súas respectivas familias e amigos, na celebración posterior á entrega de premios que tivo lugar na Casa da Xuventude de Curtis.