"GALICIA SERÁ NACIÓN" EN INTERNET

  www.rabudo.com  é o primeiro dos medios dixitais, que consegue unha entrevista do noso trobador curtiense.

Decididamente declarada en toda Galicia a "Edilbertomanía", www.novaxove.com, publica  outra das entrevistas que concedeu o noso trobador curtiense ós diferentes medios de comunicación dixital.
 

"GALICIA SERÁ NACIÓN"  NA PRENSA GALEGA

  O xoves 22 de xuño, cando prácticamente cúmprese un mes da aparición de "Galicia será Nación",  Marta Villar nun artígo do periódico "La Opinión" refírese ó éxito acadado polo canción, e fai un resumo das declaracións ata agora coñecidas do seu autor, Edilberto Alonso.

Para ler a noticia na edición dixital do periódico PINCHA AQUÍ


Recorte da portada e páxina interior do diario "Galicia Hoxe" do xoves 1 de xuño de 2006

Para ler a noticia na edición dixital do periódico PINCHA AQUÍ
 
 

Recorte da contraportada de "La Voz de Galicia" do sábado 27 de maio de 2006

 
 

 
 

Para ler a noticia na edición dixital do periódico PINCHA AQUÍ

 
 

ENTREVISTA A EDILBERTO ALONSO NA  RADIO GALICIA - CADENA SER

    Se ben o descubremento e popularización de Edilberto Alonso, e a súa canción "Galicia será nación", débese fundamentalmente a internet e particularmente á blogosfera galega, ou "blogomillo", outros medios de comunicación achegáronse estes días, ó noso trobador curtiense.

    "La Voz de Galicia" recollía a noticia na súa edición dixital baixo o titular: "Un trobador galegó cántalle a Anxo Quintana na rede", e tamén adicáballe un espazo na contraportada da súa edición en soporte papel do sábado 27 de maio titulando: "Una Oda a Quintana arrasa en internet".

   Do mesmo xeito o diario "Galicia Hoxe" tamén adicaba unha ampla reportaxe ó tema o  1 de xuño, con fotografía de referencia  na cabeceira de portada dese día, titulando: "Unha Oda a Quintana convértese no último fenómeno de internet", recolléndoo tamén na súa edición dixital.

    O mundo das ondas tampouco quixo estar ausente deste "fenómeno", e así o pasado venres 26 de maio, poidemos escoitar ó noso amigo Edilberto que falaba dende a súa casa de Irlanda, entrevistado pola  Radio Galicia-Cadena SER.

    Por xentileza de Luís Pardo, cousa que agradecemos, recibimos copia da grabación desta entrevista, e aquí a tedes para disfrute de todos.

ESCOITAR A ENTREVISTA

´Duración: 15m.24s

tamaño 7,05 Mb

 

Videoclip de "Galicia será Nación"
Versión 1.0

 

Programa TVG "Somos unha potenzia"
Todo o que ven na Rede é peixe

Posto na rede por: www.marcus.es