Este ano estase a realizar, por primeira
vez, o intercambio entre os alumnos franceses do instituto
L´Atlantique de Le Royan e os alumnos do IES de Curtis.
Os estudiantes franceses viñeron os días
7, 8 e 9 de abril e nós viaxaremos a Le Royan o próximo curso.
O noso interese e coñecer mellor a súa
lingua. O Seu, coñecer a nosa gastronomía.
Os estudiantes franceses chegaron aquí o
xoves día 7. Pasaron o día na Coruña visitando o hotel
Finisterre e o instituto Paseo das Pontes. Ás 7 da tarde
chegaron a Curtis, onde os esperaban as familias para levalos ás
casas correspondentes.
Ó día seguinte foron a Santiago de
Compostela para ver o casco antigo da cidade, a catedral, algúns
monasterios, a Escola Superior de Hostelería e o Hostal dos Reis
Católicos.
O sábado os alumnos do IES de Curtis
acompañámolos no seu último día en Galicia. Visitamos o
balneario de Guitiriz e posteriormente a fábrica de queixos
“Queinaga” de Curtis. Convidáronnos a comer no Exprés e despois
fomos ver o partido de fútbol. Por úlimo os estudiantes
franceses foron ó instituto para preparar unha cea coa que
agasallarían ás familias anfitrionas.
Ás 12 da noite subiron ó bus con
dirección ó Pais Vasco, onde pasarían a mañá do dia seguinte
para, despois, seguir viaxando cara Royan.
Antes de marchar, os alunos dixéronnos
que estaban tristes por ter que marcharse xa. Nós esperamos que
o pasaran moi ben aquí, e que volten pronto a visitarnos.
Sheila