|
|
|
Un equipo de rapaces de ata 15 anos, todos eles matriculados no
Centro, vai representar ó IES de Curtis na Copa Coca-Cola.
O primeiro dos partidos vaise disputar na Cidade Deportiva de A Torre de A Coruña o vindeiro sábado día 1 de abril ás 14:00. En caso de gañar este primeiro partido, xogarán outras eliminatorias na mesma tarde do sábado. O equipo que representará o IES, está formado por unha selección dos mellores cadetes que estudian neste centro educativo, e ainda que a maioría proceden do equipo de fútbol local C.C.D. Curtis, outros forman parte da plantilla doutros equipos que militan en categorías superiores como o Ural ou o Imperator de A Coruña, ou forman parte dalgún dos equipos das Escolas Deportivas Municipales do Concello de Curtis. Esta selección vai estar dirixida dende o banquillo por Manolo, profesor de Educación Física do IES de Curtis, e a lista de xogadores convocados e a seguinte: Carlos Martínez, Ángel Guerra, Óscar Martínez, Miguel del Águila, Carlos Ares, Alberto Vigo, Lucas Vázquez, Pablo Naveira, Álvaro Freire, Juan Carlos Vigo, Adrián López, Santiago Álvarez, Rubén Gayoso, Miguel Sánchez, José Paz, Jorge Ares, Pedro Pena y Mario Novo. A fase final da Copa Coca-Cola vaise disputar na cidade de Logroño.
|