
¿ Consideras que a festa é un pouco túa?
Non.
Eu vou a festa como o que mais, para disfrutar do día e para estar
ca familia, pero sen sentir ningún sentimento especial. Ó largo dos
anos non se me asociou a festa, sinxelamente quedou no recordo como
unha anécdota desa primeira festa.
¿Que
opinas de como foi evolucionando a festa?
Pois
desde que eu lembro, penso que non cambiou moito, pero na miña casa
o que se comenta e que co transcorrer dos anos a festa foi perdendo
moita xente, e agora a festa non se ve como unha xuntanza familiar,
senón mais ben como unha festa entre xuventude.

¿Como
crees que se vive mellor a Festa do Monolito. Dunha maneira familiar
ou cun grupo de amigos?
A
verdade e que eu vivina das dúas formas e penso que é unha festa
para estar ca familia.
Pero o
que verdadeiramente importa e que a xente continúe acudindo a esta
xuntanza, xa sexa en familia ou cun grupo de amigos, polo que se
debe seguir caracterizando é polo bo ambiente.
¿Pensas
que foi bonita e acertada a idea de bautizar un neno para simbolizar
a unión dos catro concellos?
Eu
penso que foi unha boa idea o feito de bautizar un neno para iniciar
unha etapa ó igual que a inicie eu. Pero si se trata de simbolizar
unha unión, terei moito mais sentido a celebración dun matrimonio, o
que pasa e que sería mais complicado organizalo en tan pouco tempo.
¿Pensas que realmente esta festa contribuíu a esta unión?
Pensando que na festa se consegue xuntar a xente de 4 concellos
diferentes si, pero esta unión so é no espacio, pois cada un está
no seu grupo, non hai ningunha actividade que de lugar realmente a
relacionarnos coa xente dos outros concellos.
Moitas gracias por
atendernos Rodri. Desexámoslle a todos un feliz día do Monolito,
pero a ti moi especialmente.
E non se nos pode
ouvidar.....
¡¡¡¡FELIZ
CUMPREANOS!!!!