Andrés Mariño Sanmartín

   

  Andrés Mariño Sanmartín, é un curtiense, que se interesou moito pola vila de Curtis.

   Ese interese levoulle prácticamente dende neno, a indagar na historia de Curtis, recabando información onde podía atopala, falando con moitas persoas sobre todo anciáns.

   Parte desta información recopilouna en diversos libros que ten editados sobre a nosa historia.

   É un home moi coñecido na nosa sociedade, onde realiza un papel moi activo sobre todo na Asociación Amigos de Curtis, á que pertence, e está sempre presente en case todos os actos, sobre todo culturais, que se realizan na nosa vila.

 

1-¿Cómo se lle ocurreu empezar a investigar a historia de Curtis?

 Cando eu era un neno, aló polo ano 1958-59, viñeran uns periodistas a facer un especial sobre as festas. Daquela estaban D. Dositeo Terrón e outros máis. Eu debía de ter 11 anos, e quedoume grabado. Era a primeira vez que viñan uns periodistas, logo eu fun para a Coruña e estudiei Artes Gráficas e Maestría Industrial, e entón empecei a investigar nas bibliotecas. Encontrei cando se fixo a carretera da Avenida Principal e a festa da República no ano 1932, cando estaba o Aragonés. Tamén encontrei que ninguén sabía, o de Euxenio Carré, sobre a xeografía de Galicia, e aí encontrei que a Bodeus lle empezaron a chamar Curtis. Tamén tiven que entrevistar a moitos vellos.

 

2-¿Cómo pensou en escribir un libro?

 Pensei en escribir un libro porque non había nada escrito de Curtis, e a xente cando saía algo no periódico sorprendíase, e nas bibliotecas non había nada. Agora hai o libro de "Bodeus, Curtis-Estación, Curtis..." e pouco máis. O do Concello básase neste libro, e encontrei moitas cousas, coma o de Euxenio Carré e outras cousas moi soltas que fun recopilando.

 

3-¿Gustoulle a experiencia?

 Si, foi moi satisfactoria.

 

Portada do primeiro libro de Andrés Mariño

 

4-¿Foille difícil conseguir publicar os seus libros?

 Non me foi difícil porque é unha autoedición, e como domino este campo foime fácil. Tiven que poñer eu os cartos do meu bolsillo e soamente chegaron para cubrir gastos, que era o que pretendía, pois nunca quixen sacar beneficios. Ó final, para pouco máis me chegaron que para invitar a cear á muller.

 

5-¿Os resultados foron satisfactorios, é dicir, a xente interesouse sobre a historia de Curtis?

 Sí, párame xente pola calle, e por exemplo, esta entrevista é todo un orgullo para min. Vouvos contar unha anécdota:  un día ía paseando e unha muller abrazoume e deume as gracias, eu non sabía porque era, e logo díxome que era por que  ela lle había lido o meu segundo libro ó seu pai, que era un home mallor e estaba moi enfermo no hospital, e a muller díxome que tanta lle gustaran as anécdotas do libro, que fora a única vez que vira o seu pai rir dende que estaba na residencia.

 

6-¿Pensa publicar algún outro libro ademáis dos xa publicados?

 Sí, teño recopilados todo-los datos de Curtis, e teño listos 4 tomos, que moi probablemente saian á luz formando un novo libro. Tamén teño archivado todo o que sae na prensa dende o ano 1970, e xa publicarei os libros dentro dun tempo.

 

7-¿Ten algún outro proxecto en canto a Curtis?

 Eses que che acabo de dicir, todo o que sexa para axudar a Curtis aquí estou.

 

8-¿Cal cree que foi o acontecemento que sobresaltou na nosa historia?

 Pois habería que analizar toda a historia de Curtis, pero así, máis ou menos, o primeiro foi o ferrocarril, logo as feiras,  logo pasa unha época un pouco morta e despois as xentes de Losan que rexurdiron o pobo. Tamén hai que citar a Manuel Ángel Terrón Caínzos, que tirou moito do pobo. É unha pena que se fose.

 

9-¿Que é o que máis lle chama a atención da nosa historia?

 Non sabría dicirche, hai moitas, como a unión do pobo, ainda que o pobo é unido cando fai falla, cando hai algo así reivindicativo, pois vai, e encanto a anécdotas pois a dos personaxes do pobo.

 

Andrés Mariño cos autores desta entrevista

 

10-¿Cal cree que foi o personaxe máis relevante e importante da nosa historia?

 Pois sen duda Manuel Ángel Terrón Caínzos, e despois os irmáns Losan.

 

11-¿Opina que se debería facer algún acto, homenaxe, etc. sobre Curtis?

 É que non temos unha fecha fixa. A única fecha é a do ferrocarril, porque Curtis é un pobo moi novo. Debémoslle un homenaxe a Manuel Ángel Terrón.

 

12-¿Que opina do noso pobo hoxe en día?

 Pois que non responde como debería. Vós sodes unha xeración que posiblemente dentro duns anos seades máis preocupados pola nosa historia, pero é que a xente é un pouco apática, e nós, "Amigos de Curtis", quixemos que outras xeracións seguisen tirando para diante coma fixemos nós, pero non houbo ninguén, houbo xeracións totalmente apáticas e logo xurdiu a nosa, con Manuel Ángel, e outros máis, que fixemos actos e outras cousas, espero que a vosa xeración continue co noso traballo.

 

Andrés Mariño nun momento da entrevista

13-¿Cree que se deberían realizar melloras infraestructurais en Curtis?

 Sí, primeiro o do campo da feira vello, para facer un parque, o parecer xa está mirado, tamén unha entrada o pobo, que xa llo espuxemos ó Alcalde nunha reunión, sería construir unha glorieta, que é difícil, e xa estubemos co encargado de obras públicas, e dixo que estaba no ámbito do Concello facer os dous proxectos, cando falo de nós, quero dicir "Amigos de Curtis", e esas dúas cousas serían interesantes.

 

14-O desenrolo de Curtis frenouse nos últimos anos, ¿Cree que Curtis seguirá en desenrolo de forma contínua?

 Eso é difícil prevelo, porque vai por ciclos, primeiro foi o do ferrocarril, depois o da feira, logo veu o ciclo no que o pobo estaba algo apagado e logo o ciclo de Losán, e quen che di que mañá non sucederá algo que descoñecemos e tira polo pobo cara arriba.

 

15-¿En canto ó industrial, ¿Que lle parecen os polígonos  industriais de Oza dos Ríos e Vilasantar que se están a desenrolar nas cercanías de Curtis, e nun dos cales se encontra Aserpal?

 Paréceme ben todo o que axude a Curtis, aínda que mellor sería que estivese aquí.

 

16-¿Que lle parece a Asociación de Amigos de Curtis, da cal e vostede membro?

 Mira, pois onde non había nada fixemos algo, o pobo non responde, e nós poderíamos facer moitas máis actividades se o pobo non fose tan apático, e isto hai que recalcalo,. A xente négase completamente ós actos culturais, porque cada mes ou dous poderíase facer un acto cultural . Unha vez trouxemos unha coral, e era a coral cantando e a directiva de Amigos de Curtis escoitando, entón é vergonzoso. Á xente dislle que precisas cartos e danchos , e sen embargo, dilles que vaian escoitar unha coral ou unha exposición de pintura e non vai ninguén, pero se lle dis que vai Mauro Silva e van todos. Ás veces é máis importante facer presencia nos actos de importancia no pobo.

 

17-¿Onde se poden obter datos de forma considerable sobre Curtis?

 Eu penso que en ningún sitio, pouco máis hai que o meu libro, porque sobre Curtis non hai nada, daquela non había case ningún habitante e básase case todo en Foxado, Santaia e toda aqula zona, porque era onde había vida, e aquí non había vida, e onde non hai vida non hai historia, todo o que sei foronmo contando persoas que hoxe xa están mortas.

 

18-¿Ten interese sobre algún outro pobo ou aldea cercana, como para escribir algo?

 Non, porque eu na introducción do meu primeiro libro xa o poño, se escribo algo sobre outro pobo é porque tócase coa historia de Curtis. Eu penso que a historia de Teixeiro tena que escribir un de Teixeiro e a de Cesuras un de Cesuras.

 

Outra publicación de Andrés Mariño

 

19-¿Que lle parece que está ausente no noso pobo?

 A cultura e o interese da xente para apoiar os actos e actividades que se organizan.

 

20-¿Por que en Curtis hai tantas casas de antiguedade considerable que lucen galerías nas suas fachadas, estando nun pobo de montaña?

 Porque eu penso que era para aproveitar a luz e a calor do sol, facendo un efecto invernadeiro e así as habitacións cercanas a galería sempre eran máis cálidas.

 

21-¿De onde lle parece que provén o nome de Curtis?

 Eu sempre dixen que proviña dos romanos, que según dí o libro "La Galicia Romana" escrito por Emilio González, un famoso historiador  que eu coñecín e que ten unha calle na Coruña, os romanos entraron en Galicia por Braga,. e para ir de Lugo á Coruña tiñan un traxecto moi largo, polo que fixeron un campamento ou destacamento nesta zona, o que é A Cidadela, e eles a este campamento chamábanlle "Cohortis". Tamén teño outra teoría, e é que cando fun a Catedral de Santiago, vin a capela da Corticela, e nesa capela hai un cartel no que pon "Corticela, provén de Curtis,  recinto cerrado. Cando eu era pequeno os máis vellos dician que Curtis era un nome inglés, pero iso é mentira, porque aquí nunca houbo ingleses.

 

22-¿Qué opina de www.xuvecurtis.com?

 Pois que está moi ben, moi coidada e traballada, é unha páxina dinámica e xoven, e gustoume moito, a da Casa da Xuventude está moi ben.

 Moitas gracias por esta entrevista, Andrés.

 Para máis información consultar os libros "Bodeus, Curtis-Estación, Curtis..." e "Curtis, Virando no tempo"

Autores da entrevista:

Mateo Seoane y Miguel Sánchez

 

ATRÁS