O concello de Curtis está situado no centro de Galicia, e o leste da provincia da Coruña, provincia da que forma parte administrativamente. Limita polo norte cos concellos de Oza dos Ríos e Aranga; polo leste co concello de Guitiriz; polo sur, cos de Sobrado e Vilasantar; e polo oeste cos de Mesía e Cesuras. A autovía A-9 pasa moi preto do concello, así como a carretera N-VI, e precisamente desta saen as vías C-554 e C-540, que poñen en comunicación ó municipio con Santiago a 50 km de distancia e A Coruña a 47 km. A situación xeográfica de Curtis facilita un acceso rápido a capital da provincia de Lugo, que sita tamén a 50 km. A liña de ferrocaril de A Coruña e Ferrol a Madrid por Monforte ten estación en Teixeiro e Curtis, onde tamén fan parada os trens rexionais Coruña-Lugo

    O térmo municipal ten unha superficie de 117 km2 e está constituido por catro parroquias: Fisteus, Foxados, Santaia e Lourdes e 142 entidades singulares de poboación (lugares:2 e aldeas: 140).

 

Voltar a axenda