ROI

Roi, naceu un 7 de xaneiro de 1985 na Coruña. Era o segundo fillo de seus pais, pero tiñan tanta ilusión de telo como cando tuveran o primeiro , Anxela, que nacera 3 anos antes.

Os pais de Roi tuveronse que trasladarse  a vivir a un pequeno pobo de Lugo, Mondoñedo. Alí, seu pai traballaba de mecánico nun pequeno taller. E súa nai encargabase de cuidalo a èl e a súa irmá.

Alí foi pasando a vida desa pequena familia....

Roi era un neno moi alegre, o que lle gustaba andar en minicars, xogar o balón, estar cos seus amigos, facer trasnada.... todo o que un neno lle pode gustar facer, pero cando él tiña 8 anos súa nai notouno un pouco débil e enton decidiu levalo o médico.

O médico de cabeceira non lle atopou nada asi que mandou a Lugo para que lle fixeran unhas probas, alì fixeronllas e descubriron que Roi tiña leucemia. Cando llo contaron a sùa nai veuselle o mundo enriba,a única posibilidade que tiña Roi de sobrevir era cun transplante de médula, e con moitos medicamentos, pero, so aguantarias uns 5 anos so con medicamentos a súa familia non tiña tantos medios como para poder compralos...asi que a nai de Roi tivo que buscar traballo..

Roi tivo que estar  5 anos a medicamentos e de médico en médico mentras esperaban a un doante de médula...Roi seguía facendo o mismo de sempre, andar en minicars, estar cos seus amigos...por fin cando el tiña 13 anos atoparon un doante de Inglaterra, pero terían que ir a Madrid a que lle fixeran o transplante. Dous días despois de que lle deran a noticia alí estaba el con súa nai no Hospital de Madrid listo pa facer o transplante...

O día seguinte de estar alí fixeron a operación, os médico dixeron que si aguantaba 72 horas pois que despois xa non avería ningun problema e Roi podería ser o rapaz de antes...

Pero cando tan so  lle quedaban 15 horas pa que se cumpliran esas 72 empezouse a atopar mal...os médicos decían que era case imposible que despois de que pasara tanto tempo empeorara, xa non sabian que facer...pero o fin  el morreu... e o último que lle dixo a súa nai que era a que estaba con el na habitación foi: Mamá deixame morrer non quero seguir facéndovos sufrir...Sua nai o oir eso e ver como o seu fillo morría rompeu en llanto.....

Agora 4 anos despois da súa morte todos o recordamos como aquel rapaz sempre tan alegre, sempre tan amigo dos seus amigos, sempre querendo axudar os demais....

  

                                                                                                      shorbita_

 

 

 

 

 

   ATRÁS