MAIS ALÓ DE FISTEUS
Hoxe é o día do Carme.
Ás oito da mañá un enorme estoupido de foguetes saudaron o día no que a vila mariñeira de Curtis celebra a súa festa máis grande.
No pantalán da carballeira as embarcacións abaneabanse mansamente baixo o pobre sol da mañanciña.
O día presentábase cargado de calor e sal.
Nalgún dos botes había rapaces poñendo os adornos para a procesión da tarde.
Dende o cruce da Raia oíanse gaiteiros e empezaba a ulir a pan de mestura, empanada e carne asada.
Pola mañá coincidindo coa marea vanse facer cucañas e xogos no peirao que está máis perto do campo da feira, e pola tarde, xa case no mar aberto, máis aló de Fisteus, as regatas de traiñeiras nas que o máis importante é a rivalidade entre as tripulacións de Curtis e Teixeiro.
Vai un día esplendoroso.
O mar vai inundando a praia.
A vila humedécese, mentras algún neno fai a primeira comuñón.
Estamos de festa.
Eduardo Vázquez
Día do Carme 2004