FALSA FELICIDADE

 

 

 

A duras penas Xoan explicounos que xa había tempo que probaran todo eso e que os últimos meses se drogaban regularmente. Evitaron contárnolo a nós porque intuían que non o aceptariamos.

Advertiunos que el sempre pensara que o facía porque quería pero que non podía deixar de pensar no momento de volver a drogarse, esa última semana decatárase de que dependía demasiado diso, por iso decidira facerlle caso a seus pais, aínda que supuxera deixar de lado os seus amigos.

Tratamos de convencelo de que nos axudara para sacar ós demais de todo eso, pero Xoán negouse, estaba seguro de que só se convencerían por sí mesmos de nada servirían os nosos consellos.

-¡Deus David! Tan cegos estabamos, ¿Como non nos decatamos antes? ¿Que imos facer?- as bágoas comezaron a caer sobre as miñas meixelas.

- ¡Ei Marta!- David abrazoume- Tranquila, Xoán ten razón, temos que tentar que acepten a nosa axuda, que eles mesmos se convenzan de que teñen que deixalo.

-¿E se non o conseguimos? David, non podo aceptar que meu irmán sexa drogadependente. Négome a atopalo por aí tirado, ¡Só ten dezaseis anos!

- Non te preocupes, xuntos buscaremos un xeito de axudalos.

 

 

Cando cheguei á casa, comemos e esperei a que se foxe meu irmán para chamar a David. David veume buscar e os dous xuntos fomos para o santuario para ver o que facían os rapaces. Cando chegamos levámonos unha sorpresa ¡Os rapaces non estaban alí! eu pensei no peor e comecei a chorar. David consoloume e os dous xuntos buscámolos polo bosque, por toda a praia e fomos por bares, pero nada. Non demos con eles.

O non atopalos decidimos irnos cada un para a nosa casa. Cando cheguei canseime de chamar ó móbil de meu irmán, pero tíñao apagado. Estiven uns minutos na miña habitación, pero non aguantaba máis e decidín chamar a David ¡Xa tiña noticias! Acababa de chamalo Iria dicíndolle que estaban nunha casa abandonada que estaba moi cerca da casa de Laura e que Miguel e máis Roberto estaban moi mal. David ía de camiño a esa casa e eu deseperada díxenllelo a meus pais e a meus tíos. Collemos o coche e saímos disparados ata esa casa. Polo camiño funlles contando o que estaba a pasar. Cando chegamos a ambulancia xa levara a meu irmán e a Miguel para o hospital e David ía levar a Laura e Iria ás súas respetivas casas, xa que tamén estaban algo mal. Nós mentres fómonos para o hospital. Cando chegamos, xa nos deron a terrible noticia: Miguel acababa de morrer.

Púxenme moi mal, non o podía crer, Miguel acababa de morrer por algo que ó fin e ó cabo eu tiña parte da culpa. Máis tarde dixéronnos que meu irmán estaba ben, pero que quedaría alí ata o día seguinte para estar mellor vixiado.

O día seguinte todos estabamos destrozados. Era algo incrible. Nunca máis iamos volver ver a Miguel. Despois do ocurrido, os rapaces entraron en razón e decatáronse de que hai que pasalo ben, pero pódese pasar ben sen beber e sen drogarse.

Despois de todos estes anos eu fágome unha pregunta: ¿Fai falla que morra un amigo para decatarnos de que as drogas son moi perxudiciales?. Quizais eu non sexa a máis indicada para facelo, nin deba xulgar a ninguén, pero síntome na obriga de decir a todos aqueles que consomen drogas que pensen en todo aquelo que poden perder, non son os únicos perxudicados, nin os únicos que sofren se lles pasa algo. Eu só sei que un día perdín un bo amigo por culpa dese vicio, perdeu a vida cando ainda lle quedaba demasiado por facer neste mundo.

 

Salory

coa colaboración de shorbita

FIN

 

 

 

 

 

 

 

 

   ATRÁS