|
FALSA FELICIDADE
Un sábado Xoán púxose fatal, entre os porros e a cantidade de alcol inxerida sufriu un baixón incrible e tivemos que levalo ó hospital. Pillou un coma etílico e tivo que pasar dous días no hospital, aquelo xa non era pasalo ben, e moito menos unha broma. Tiña que haber outro xeito de pasalo ben. Cando os pais de Xoán se enteraron de a que fora debido o seu estado puxéronse histéricos, mesmo seu pai nos botou do hospital e culpounos de que o seu fillo estivese así e incluso nos advertiu de que non quería volver a ver a Xoán na nosa compañía.
O mundo véusenos enriba, un amigo noso estivera a piques de morrer. Xoán sempre fora botado para diante pero tamén foi verdade que sempre dixo que el non quería saber nada da merda das drogas e en certo modo foramos nós o que o convenceramos para que fumase porros esa noite, debía ser a segunda vez que o facía ¡Meu Deus! ¡e case morre! Falei con David, el pensaba coma min, non quería saber nada máis desa trapallada, asi que decidimos reunirnos cos demais. Cando chegamos ó santuario, había un montón de xente, polomenos quince persoas, bebendo e bailando ó son dun estrondo de guitarras eléctricas que saía da vella radio de Miguel. Acercámonos a Roberto pero parecía fóra de sí, ¡non o podiamos crer! Facía dous días que Xoán saíra do hospital e eles alí colocadísimos como se non pasara nada. Comecei a acanealo e falar con el pero non facía máis que rir, parecía non escoitar. Entón a música cesou e a xente comezou a berrar. Era David que apagara a radio, a xente comezara a berrar e David dixo: - ¡Acabouse a festa! ¿Que pasa aquí? - Bah, tronco, pon a música- dixo un tipo de rastas que seguía a saltar a pesar de que xa había un cacho que a música non sonaba. - Veña tío, ¿Que queres?- dixo outro. - ¡Pon a música! -¡Música! ¡Música!- comezaron a vociferar todos. - Fóra dixen, ¡Acabouse a festa! ¡Todo o mundo á súa casa!- David estaba realmente enfadado, non lembraba telo visto así nunca. Tiña os ollos desorbitados, e estaba tremendo- ¡Fóra!- berrou. A xente comezou a abandoar a igrexia entre queixas e berros. Entón levántase Miguel, estaba deitado nun banco con Iria, xa facía algún tempo que andaban liados. Tiña unhas enormes olleiras e apenas podía manter o equilibrio. Comezou a tatabexar algo: - Pe...pe...pero tío.. ¿de que vas? ¿Que...que dereito tes de apagar a mi... miña radio?- Entón caeu sentado de novo no banco. - ¡Que dereito! ¡Eso mesmo digo eu! ¿Creste con dereito a estar así? Parécevos normal, fai dous días que saiu Xoán do hospital, dous días. ¿Entendedes? Case morre, por esta merda- e abriu a súa man mostrando unha pouca cocaína que acababa de coller no chan- Por menos do que vos metestes vós hoxe el estivo a piques de ir para o outro mundo. ¿Credes que por colocarvos sodes os amos do mundo? ¿ Pensades que o podedes controlar todo? ¿Verdade?. Pobres ilusos é ela a que vos controla a vos. ¡Que felicidade por unhas horas! ¿Pero que é da vosa vida? Pensádeo, é mellor a vida coas suas inxustizas e sufrimentos que esta maldita felicidade de mentira. - Claro falas ti, o neno de papá que o ten todo e encima ten unha moza exemplar- berrou Iria chea de rabia. - Non me fastidies Iria, eso é unha excusa, unha maldita disculpa. Túa nai é estupenda e dacho todo e en canto ó rapaz, non o tes porque non o propos, ti sabes que cando te propos algo conséguelo. - Pero... pero eu quérote a ti.
- Non é certo Iria, non me queres a min, queres o que tiñas comigo ó principio, sí, foi moi bonito, pero sabes que non funcionaba. Miguel pode darche o mesmo, só tes que deixarlle, tes que estar disposta a querer e que te queiran. Non estragues todo o bo da túa vida por un maldito colocón, non deixes todo por un montón de alucinacións que non te levan a ningunha parte. - Roberto, Laura, sodes os máis xoves. Víctimas das nosas toleadas, vós só nos seguistes, pero como algún día vos dixen que non pasaba nada por beber un trago, agora dígovos que non tomedes esto, esto non por favor, porque esto acaba convosco, non vos deixa ver o que é a vida de verdade, non estraguedes a vosa xuventude, non cambiedes as experiencias naturais da vida por un bo cacho convertidos noutras persoas. ¡Por isto! Isto fai que vos sintades ben nun momento, ¡Pero é mentira! Cando despertades todo segue igual, o mundo segue igual e só nós podemos cambialo, sede valentes e enfrontádevos a el, non vos escondades detrás de todo esto- e dicindo esto tirou todo o que tiña na man, acercouse a min e susurroume ó oído “espero que sirva de algo, nós non podemos facer nada máis”. Ó chegar á casa levei a Roberto á súa habitación e deiteino na cama. Díxenlle á familia que estaba algo enfermo e non viría cear. Durante a cea apenas falei, non paraba de pensar en todo o que vira aquela tarde, e preguntábame canto tempo había que estaba a ocorrer todo eso mentres que David mais eu estabamos alleos a todo, eramos felices. Ó día seguinte vimos a Xoán no instituto por primeira vez dende que saíra do hospital. Seu pai deixouno na porta do instituto. Viña moi serio, pasou a carón de nós e nin sequera nos saudou. Evitounos toda a mañá ata que no recreo David mais eu conseguimos abordalo e falar con el. Díxonos que seus pais lle prohibiran velos que xa o sabían todo e que o ían axudar a recuperar a súa vida e el estaba disposto a facelo. David mais eu quedamos alucinados, ¿que era ese “todo” do que falaba Xoán? ¿Acaso non era a primeira vez que se drogaban? Pero se Roberto me xurou que nunca antes se metera unha raia ata esa tarde... ¡Non o entendía!
Salory coa colaboración de shorbita |