FALSA FELICIDADE

 

 

 

 

 Na cea preguntámoslle á tía Fina onde había un bosque cercano, e explicounos que había un xusto ó final da praia e ademais falounos dunha vella igrexia en ruínas que había no interior do bosque, un patrimonio cultural do que o concello nunca se fixera cargo.

¡Aí estaba! Ese era “o lugar de sempre”. Os rapaces seguramente se reunían na vella igrexia para as festas en grupiño.

Decididos, á tarde do día seguinte, acercámonos ó bosque e adentrámonos entre a maleza en busca das ruínas das que a tía falara. Era unha vella igrexa de pedra, a parte traseira tíñaa derrubada, pero conservaba o fronte intacto, incluso tiña a vella campá. Os toxos e xestas recobrían un dos laterais e case tapaban a porta de acceso.

Dirixímonos cara a porta e, sen dubidalo, entramos. Nun principio non vimos a ninguén, entramos e vimos que aínda se conservaban algúns bancos, e pías de pedra, pero, de repente, ás nosas costas resoou un berro “¿Pódese saber quen sodes vós?”, o corazón deume un volco, levei un susto de morte, agarrei a man de meu irmán e ambos démonos a volta para ver o rostro do que nos estaba a falar. Na porta da que sería antiga sancristía había cinco cabezas con rostro entre asombrado e burlón. Roberto e eu presentámonos entre balbuceos, pero eles acercáronse e presentáronse, eran Laura, a rapariga que lle gustaba a meu irmán, Iria, Xoán, Miguel e David, este último era o que tan guapo me parecera na praia.

 

Todos foron moi amables e falaban connosco como se nos coñeceran de toda a vida e incluso convidáronnos a unirnos á festa.

Bebemos, falamos, e incluso bailamos ó son da música da radio que trouxera Miguel.

Regresamos á casa alegres, pasaramos a hora da cea falando dos nosos marabillosos novos amigos, ata nos tivo que mandar calar papá para poder conversar co tío Vicente. Cada día que pasaba estabamos máis unidos ó grupo, viámonos a diaro, falabamos dun montón de cousas, riamos, faciamos xogos diversos e incluso organizabamos pequenas excursións. Os venres saiamos de copas polos bares da zona e aproveitabamos para ligotear un pouco.

Pero todo o bo acaba, e chegou setembro e con el o fin da etapa estival e o inicio das clases no novo instituto.

David e eu iamos na mesma clase. Iria, Xoán e Miguel ían no outro grupo e Roberto e Laura no curso anterior. Pero nos recreos reuniamonos e durante as tardes soiamos quedar un par de horas no noso Santuario, como soiamos chamalo, para falar un cacho.

Algúns meses despois as cousas entre o grupo comezaron a cambiar, David e eu comezamos a saír xuntos, algo que a Iria, que fora a súa moza antes, non lle fixo moita gracia, e tamén pareceu cambiar a actitude dos demais cara min. A David non parecía preocuparlle e animábame decíndome que eran parvadas deles e que xa vería como todos o aceptaban, en canto se deran conta de que o seu con Iria non tiña amaño, en contra do que todos agardaban dende sempre.

Sen decatarnos fómonos afastando do grupo, polas tardes rara vez nos pasabamos polo santuario e dedicabámonos a pasear. Pero as constantes borracheiras dos rapaces comezaron a preocuparnos, xa que a última vez que foramos era mércores e estaban bebendo como se fose un venres. Xa estabamos acostumados a velos bebendo os sábados pola noite, nós tamén o faciamos pero ultimamente estaban fumando demasiado, e non só tabaco, a situación cada vez era peor.

 

 

 

Salory

coa colaboración de shorbita

 

 

 

 

   ATRÁS