FALSA FELICIDADE

 

 

 

   

   O que vos vou contar aconteceume hai xa algúns anos aínda que segue estando presente en min.

Por aquel entonces eu, Marta, contaba dezaseis anos. Meu irmán, Roberto, tiña quince anos e era un rapaz alegre, simpático e con moitas ganas de vivir novas experiencias.

Ámbolos dous viviamos con meus pais, Ramón e Xulia. Meu pai é un excelente mecánico, apaixoado dos coches e daquela traballaba nun pequeno taller do pobo no que viviamos no País Vasco. Miña nai tivo traballos en diferentes casas pero nese momento estaba desempregada. O certo é que a familia non atravesaba o seu mellor momento, o soldo de meu pai non alcanzaba para moito e miña nai non encontraba traballo malia que non deixaba de buscalo.

Xa sempre barallaramos a posibilidade de regresar a Galicia, meus pais eran naturais de alí pero viñeran para Bilbao ó pouco de nacer en busca de maiores posibilidades.

Unha calurosa tarde de xullo, cando Roberto e mais eu xa remataramos as clases, chegou meu pai cun gran sorriso na cara para darnos unha noticia. Vicente, o seu irmán, telefonara esa mañá dende Galicia e propuxéralle un negocio. A oferta era tentadora, e ademais era o soño que sempre tivera meu pai. Vicente quería que seu irmán fose o seu socio para montar un taller de venda e reparación de coches na sua vila natal.

O meu pai xa o tiña decidido, iamos para Galicia en unha semana. Roberto e mais eu non nos alegramos tanto, puxémonos a protestar, non estabamos dispostos a deixar toda a nosa vida, os nosos amigos, o noso instituto, ¡Todo estaba alí!. ¿Que iamos facer nós en Galicia?. Pero de nada serviu, ademais meu tío convidounos a ir vivir con el e coa tía Fina, ambos vivían na antiga casa de meus avós que ambos se encargaran de restaurar. Todo estaba organizado, e meus pais estaban máis contentos ca nunca.

Unha semana máis tarde iamos de camiño cara o noso novo fogar, unha terra que daquela me antollaba hostil, pero que agora xa forma parte de min, a miña fermosa Galicia.

O tío Vicente e a tía Fina estaban a agardar por nós. Vicente era un home atractivo, contaría uns trinta e poucos anos, na súa cara destacaba un gracioso bigote que lle daba un toque de formalidade. Tía Fina era guapa, tería uns trinta anos, o seu sorriso transmitía unha gran dozura que tamen se mostraba cando falaba, ademais estaba embarazada e xa se lle notaba a barriguiña que a facía máis bonita aínda.

O lugar era bonito, era nas aforas dunha vila da costa lucense. A casa era enorme e daba a unha pequena praia pola parte traseira. Eu tiven sorte no reparto de habitacións, a miña era moi ampla cunha cama e uns mobles modestos pero moi bonitos, ademais tiña unha enorne fiestra que daba á praia e que a facía máis alegre e luminosa. Roberto tampouco se podía queixar, a súa habitación, aínda que era máis pequena, tiña un baño individual e tamén era luminosa.

A vida na casa transcorría de xeito normal, era alegre comer cada día todos xuntos e oír falar o tío Vicente e papá do negocio, estaban moi emocionados. Miña nai tamén encontrara uns traballiños limpando en varias casas da vila e ademais axudáballe á tía Fina coa horta e as tarefas da casa.

Todos parecían felices, pero Roberto e eu estabamos realmente aburridos. Cada día baixabamos á praia, pero naquel pobo parecía non haber rapaces, só viamos a xente maior, tamén algúns rapaces pero estaban en grupos pechados e só se dedicaban a falar entre eles cando pasabamos por cerca deles. ¿Era posible que os galegos fosen tan cerrados?, pero a tía Fina e mamá botáronnos a charliña e dixéronnos que lles había que dar tempo e que intentaramos acercarnos a eles. Senón sempre nos quedaría esperar a que empezasen as clases que daquela xa coñeceriamos rapaces de abondo.

Uns días despois, Roberto e mais eu dirixímonos á praia como de costume. Colocamos as toallas cerca dun grupo de rapaces que viñamos observando dende facía días. Eran cinco, había tres rapaces e dúas rapazas. Ademais meu irmán quixo colocarse cerca porque lle gustaba moito unha das raparigas e, para que mentir, un dos rapaces tampouco estaba mal. O grupiño pareceu non decatarse da nosa presencia e estaban a organizar unha especie de festa. Oímos como quedaban ó día seguinte no “lugar de sempre” e logo falaron de reunirse a entrada do bosque dende donde irían todos xuntos.

Roberto e mais eu estabamos intrigados, esa mesma tarde acordamos que descubririamos ese “lugar de sempre” do que falaban. Se eles non nos facían caso, teriamos que facernos ver, ademais xa nos apetecía unha festiña.e ¿quen sabe? ó mellor ata nos caíamos ben e podiamos facer máis festas todos xuntos.

 

 

 

Salory

coa colaboración de shorbita

 

 

 

 

 

   ATRÁS