A PEITOGRILA

 

 

  A brétema cubría a auga de tal maneira que non se adiviñaba a canle do río entre o mar da mañanciña.

  Só un son rítmico da pala na auga agromaba sobre os piares dos paxaros que se espreguizaban ó romper o día.

  A embarcación progresaba amodiño no mar de follas e nubes.

  A estampa tiña tódolos merecementos necesarios para calquera fotógrafo.

  De repente.....saltou a peitogrila.

  O seu voar, apoiado na auga, parecía nervioso presentindo a traxedia.

  ¡Pum!..oíuse o estoupido.

  ¡Pum! ¡Pum!...outro...

  A peitogrila, a última peitogrila, caeu á auga coa cabeza e parte dunha á rota.

  A pobre olvidábase de morrer mentras o seu ollo morexento clavábase atormentado na cadela que saltara do bote e se acercaba nadando entre as follas e as nubes.

  A cadela cumpleu co seu adestramento.

  A partir de aquel día de fai case cen anos, ainda que son moitos os rapaces co xuran, nunca mais se volveu a ver unha peitogrila no río Mandeo.

 

 

  Eduardo Vázquez

 

 

 

 

 

 

   ATRÁS