O Concello de Curtis
organiza, en colaboración cos diversos establecementos de
hostelería do Concello, a V edición da Festa do Cogumelo. O
evento, que terá lugar na localidade de Teixeiro no vindeiro
domingo 31, inaugurarase ás 13 horas.
Nel participarán un total de
dezaceste establecementos da localidade, seis de Curtis e once de
Teixeiro, e ofrecerán ós asistentes, según a organización, non só
consumicións, se non degustacións deste producto que será cociñado
de diferentes maneiras seguindo o que se denomina "A Ruta do
Cogumelo".