A ROMERÍA DA BELÉN

 

 

Hai tan so uns días, como cada terceiro domingo do mes de setembro, tivo lugar na parroquia de Rodeiro do Concello de Oza dos Rios a tradicional Romería da Belén.

A Belén é unha das poucas típicas romerías galegas que quedan polo noso entorno, que sobrevive o longo do tempo co mesmo plantexamento de sempre: capilla, exvotos, xente ofrecida e comida campestre. É dicir, nada de cochitos de choque e París de Noya.

A ela acude xente de Oza, Cesuras, Curtis, Teixeiro, Betanzos, e resto da nosa zona, dende hai moitos anos, e supón para moitos a última festa do verán.

Hoxe publicamos unha foto dunha comida campestre na Romería da Belén dun grupo de xente de Curtis na década dos anos cincoenta. A foto nos foi facilitada por Suso Novo, que aparece nela todavía sendo un rapaz.

 

GRUPO DE XENTE DE CURTIS NA ROMERÍA DA BELÉN NOS ANOS CINCOENTA

 

ATRÁS