|
DON RICARDO CUMPLE 50 AÑOS DE CURA |
|
|
Don Ricardo Don Ricardo tiña coloretes como os labregos. Don Ricardo falaba galego como eu. Era o noso cura. Queríamoslle e queríanos. Todos os recordos que teño de Don Ricardo son bons. Aínda que fixese a misa en castelán. Aínda que me educase nunca doutrina que de maior rechacei. Era un home próximo á xente, ao pobo. Viña todos os meses a confesar e darlle a comuñón a miña tía á miña casa. Chegaba no silencio respectuoso da fe. Aos nenos dicíannos que calásemos, que nos axeonllásemos, que rezásemos. Pero cando acababa os requisitos era como se se sacase a si mesmo todo o aura. E de súpeto falaba connosco como outro máis de nós. Gustábame velo así, como unha persoa normal. O cerimonial non me gustaba, dábame un pouco de medo. Tranquilizábame cando todo acababa e volviamos todos á realidade. Conversaba con miña tía e con meus pais e conmigo. Parecía un máis da familia. Eu sentía que el me tiña cariño, e eu tíñalle lei e cariño tamén a el. No mundo rural hai un pensamento anticlerical, pero eu nunca compartín esas ideas tan contrarias aos curas. Conmigo sempre se portou ben. Deixei de ir á misa pero el nunca deixou de saudarme e falarme. Sentín que me respectaba como eu o respectaba e respecto a el. E iso paréceme bon e importante.
|
|
||
|
TODA UNA VIDA |
||
|
Entre estas dos fotografías hay casi cuarenta años de diferencia. La primera de ellas esta extraída del libro "Curtis Virando no Tempo" de Andrés Mariño Sanmartín y en ella se puede ver a un jovencísimo D. Ricardo Vázquez Vázquez en una procesión de Corpus en Curtis, cuando ni si quiera estaba ligado a la parroquia de Nuestra Señora de Lourdes, que poco tiempo más tarde, iba a ser su destino. La segunda de las fotografías es de nuestro propio archivo, y corresponde a uno de los actos culturales que D. Ricardo siempre quiso apoyar con su presencia, realizado en la Casa da Xuventude de Curtis, en marzo de este mismo año. Toda una vida, entre las dos fotografías. Toda una vida al servicio de nuestra comunidad. |
||
|
MOITAS FELICIDADES DON RICARDO |
|
|
|
|
|
|
|
|
|